Ocio

Teatro, premios e concerto pola diversidade en Barbadás

O Concello organiza mañá, ás 19,30 horas, no parque dos Patos unha representación de teatro infantil, “Iriña Bailarina”

O Concello de Barbadás programa teatro infantil, unha entrega de premios e un concerto para celebrar o Día do Orgullo e reivindicar a diversidade, como pistoletazo de saída ás súas actividades estivais.O Concello organiza mañá, ás 19,30 horas, no parque dos Patos unha representación de teatro infantil, “Iriña Bailarina”, da compañía Ghazafelhos.Xa o día 25, entregaranse os premios do concurso infantil de debuxos pola diversidade, na biblioteca da Casa da Cultura, ás 12,00 horas, na que estarán expostos todos os debuxos dos participantes. O día 25 pola tardiña, ás 20,30 horas, acollerase o concerto de Broken Peach nos Patos. 

Alén destas actividades pola diversidade, Barbadás programou actividades lúdicas, culturais e de ocio para todos os públicos este verán. Teatro, concertos, talleres de grafiti, clases de patinaxe, obradoiro de coaching emocional, curso de DJ, torneos de futbolín, padbol e billar, xogos populares, masterclass de ioga e zumba e iniciación ao boxeo, así como sesións de cine, conforman a ampla oferta de ocio  para xullo e agosto. 

O Parque dos Patos é o enclave elixido como lugar de encontro de familias todos os xoves, baixo o título de “Olla a cultura” . A Casa da Mocidade, pola súa banda, centralizará as actividades. Tamén se habilitarán outros espazos como pista de skate ou de pádel.

Te puede interesar