Comercio

Coronavirus en Ourense: “Temos os almacéns cheos de miles de euros en mercancía"

OURENSE (PRAZA DE ABASTOS PROVISIONAL). 14/04/2020. OURENSE. Retrato de Javier Martínez, vendedor de embutidos, en su puesto de venta en la Praza de Abastos. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Javier Martínez, no seu posto de carne na Praza de Abastos. (FOTO: ÓSCAR PINAL)
"Toda a vida me ensinaron que a mercancía é cartos, hoxe non", conta un feirante de A Cañiza

As feiras de cada mes reúnen a moitas persoas nos concellos de provincia. O decreto do estado de alarma suspendeunas todas, deixando aos feirantes sen o seu sustento e coa mercancía a espera de ser vendida, no mellor dos casos. "Toda a vida me ensinaron que a mercancía é cartos, hoxe non", conta Iago Vázquez, un feirante de A Cañiza que visita moitas das feiras da provincia. O seu sector é o textil e ten gardadas todas as prendas da tempada: "A finais de xaneiro falábase de que podríamos estar escasos de cara ó verán, porque non chegaba nada de China. Entón compramos máis e agora teño o almacén e as furgonetas cheas de roupa", sinala.

image1-

Para el é a "primeira vez", dende que comezou no mundo das feiras con 18 anos, sen "facturar un mísero euro", e xa ten 36. O que quere é información sobre a volta das feiras, coas medidas que se aplicarán nelas e das que ninguén ofrece solución. "Hai que buscar alternativas para cando chegue o momento de volver", indica. Vázquez califica as feiras como elemento "dinamizador" dos pobos que impulsa outros sectores, de ahí a importancia de mantelas: "En moitas zonas rurais non hai comercios e a feira é o único sitio onde poden comprar roupa ou calzado", comenta. 

NEWSLETTER

Suscríbete gratis al boletín especial del coronavirus de La Región

A imposibilidade de traballar súmanse os gastos fixos como son os seguros de autónomos, os dalgún traballadores, dos vehículos e do mantemento dos almacéns, xunto coas taxas xa pagadas aos concellos polas feiras do ano. "Al mes hacemos unas cien por Ourense, Lugo y parte de A Coruña. Esto nos está perjudicando mucho y va para largo", comenta Javier Martínez, de Jamones Javier Martínez. No seu caso, a pesares de ter un posto da Praza de Abastos, o groso da súa facturación atópase nas feiras. "Estamos parados desde el 12 de marzo, con mucha mercancía que se va a perder", explica. 

Os feirantes de alimentación miran con preocupación as perdas que vai supoñer o cese da súa actividade. "Temos queixos xa moi curados almacenados e paramos de comprar mercancía", sinala Emilio Santiago, do posto de venda de queixos e pan do país O Tío Aquilino, de O Carballiño. Esto repercute ás familias productoras de queixo que "desexan a volta das feiras" para seguir co seu negocio. 

img_20180908_144137

En todas as mercancías que teñen a espera de ser vendidas hai "miles de euros" invertidos, como indica Vázquez. "Ahora mismo tenemos en mercancía unos 50.000 kilos quietos, lo que son  casi 200.00 euros a precio de compra", destaca Martínez. Recentemente tívose que desfacer de queixos frescos que caducaron: "Muchos productos son perecederos y no aguantan más de 30 días", explica Martínez.  

Entre os pulpeiros, máis do mesmo, cun pésimo pronóstico: "O verán xa o damos por perdido no noso negocio", destaca Miguel Baranda, pulpeiro de Arcos. As feiras e as romerías nas que poderían traballar corren perigo. "La situación no se va a restablecer con normalidad hasta noviembre o diciembre", vaticina Martínez. No caso dos pulpeiros, as cámaras de frío gardan a mercancía, que perde calidade co paso das semanas. "Non podemos poñerlle ao clientes o polbo de tanto tempo conxelado", comenta Baranda. 

Estes feirantes botan de menos ver a clientela e dudan do seu futuro. "Quería xubilarme nas feiras, xa era incerto pero agora máis", conta Vázquez. O que máis teme Santiago é a "falta de confianza" que terán os clientes cando poidan volver a actividade. Por outra banda, Martínez destaca o medo entre a clientela: "El 70% de nuestros clientes son personas mayores", apunta. Os reencontros tamén os esperan, como Baranda, que quere volver "tomar uns viños" cos clientes e sentir de novo o ambiente das feiras.

Nas redes, sen vida non hai feira

Iago Vázquez impulsa unha iniciativa cos chíos #SenVidaNonHaiFeira ou #DaFeiraViviosMoitos nas redes sociais, a través dunha páxina coas feiras de Ourense e os seus arredores. O obxectivo é "animar" e  fomentar a conexión "entre os clientes e os feirantes" nestes momentos. O 8 de abril comezou esta andadura, emulando a acontecida coas festas populares, que cada día recolle as feiras que non se están a celebrar, con algunha que outra mensaxe dun feirante. "É un modo de contactar cos clientes e de animalos. Tamén serve para que non se esquezan de que seguimos ahí", explica Vázquez. A páxina suma "máis de 4.000 visualizacións" das súas publicacións, onde non faltan as mensaxes esperanzadoras. Ademáis esta idea dalle a oportunidade aos feirantes de pobar as ferramentas dixitais.

Te puede interesar