O V Festival de Monicreques do Carballiño acollerá este venres a estrea en Galicia do 'Crebanoces'

O V festival de monicreques do Carballiño (Ourense) acollerá este venres, 23 de agosto, ás 19.30 horas na Praza Maior da localidade a estrea en Galicia do 'Crebanoces', un espectáculo producido por Santi Prego e interpretado por Larraitz Urruzola, que xorde a raíz do concerto didáctico sobre 'O Crebanoces' de Tchaikowsky.
O espectáculo de monicreques deste venres, que fai da música de Tchaikowsky o seu guión, está dirixido a un público familiar, para que os máis pequenos vaian acompañados da súa familia.

No espectáculo soará completa a suite do 'Crebanoces' de Tchaikowsky e, segundo informa a organización, durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos e, entre unha e outra parte musical, hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara ao público.

A actriz e titiritero Larraitz Urruzola, con máis de 20 anos de experiencia en espectáculos de monicreques, será a encargada da interpretación.

Te puede interesar