OCIO INFANTIL

Música, teatro e variñas máxicas para axudar á Fada Mimadriña

Ourense. 08-01-17. Local. teatro para nenos no auditorio coa obra " Pinocho".
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Representación de "O mundo máxico de Pinocho"

"O mundo máxico de Pinocho" encheu de ilusión as filas do Auditorio Municipal. Teatro innovador feito en Galicia que sorprendeu ós máis pequenos

Un instante de maxia para despedir o Nadal: Pinocho chegou ó Auditorio e os nenos da cidade axudaron á Fada Mimadriña cos seus trucos. Fixérono cas variñas máxicas que a compañía teatral repartiu para facer partícipes da obra ós máis pequenos.

"O mundo máxico de Pinocho" é teatro musical con voz e piano en directo, grandes ilusións, sombras chinesas e corpóreos. ¿Os protagonistas? Moi especiais, xa que son alter egos en galego do clásico de Carlo Collodi: Fada Mimadriña, Raposo, Gato e Pepiño Grilo.

Detrás desta obra está EducaTeatro Producións, creadora de espectáculos ca lingua e a diversión como pilares fundamentais. A aprendizaxe en valores, outro dos obxectivos das súas obras: con Pinocho, os nenos de Ourense puideron saber que dicir mentiras, ten as súas consecuencias.

Ao final da obra, puideron sacarse fotografías cos seus personaxes favoritos.

Te puede interesar