Os veciños de Castrelo terán unha residencia para maiores

O Concello de Cartrelo de Miño construirá unha residencia para mayores. Será unha vivenda comunitaria na que se lle prestará atención a 12 persoas. É a segunda fase do proxecto de atención á terceira idade, e que será financiada con fondos europeos. Estará ubicada en Puxeiros á beira do centro de día que actualmente se atopa a piques de finalizar a súa construcción.
As obras desta nova residencia comezarán no vindeiro mes de novembro e constará de dormitorios, espazos comúns, cociña, sala de estar, comedor, almacén, lavandería, aseos adaptados, zona de administración e incluso disporá dun pequeño apartamento para os coidadores. O importe da construcción ascenderá a 343.543 euros, contando cunha subvención de 174.142 euros, que supón o 50,69% do investimento.

A Corporación aprobou por unanimidade o inicio das obras. As previsións son as de ter aberto o centro de día no mes de decembro de 2010, e a residencia a mediados do 2011. O alcalde Xurxo Rodríguez destacou que este proxecto foi o que recibiu a maior axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Te puede interesar