Veciños de Cea poden degustar percebes na festa de Aguiño

O Concello de San Cristovo de Cea está a organizar unha excursión ó municipio coruñés de Aguiño, unha localidade que ten máis de 800 anos de antigüidade, para que os veciños poidan participar na súa famosa 'Festa do Percebe', o domingo 29 de xullo. As persoas interesadas nesta viaxe gastronómica poden inscribirse, ata o luns día 23 nas oficiñas municipais, e deberán abonar un prezo de oito euros, que só da dereito ó transporte e as visitas guiadas.
Dende o departamento de Cultura e Educación lémbrase que o xantar será na mesma carpa do festexo gastronómico e por conta propia, 'onde, ademais de percebes poderán degustar diferentes tipos de marisco e outros productos tradicionais das Rías Altas, a prezos populares'. A excursión partirá o día 29, ás 7,45 horas, dende a Praza Maior de Cea.

Te puede interesar