Alegan que despois de colocar os valados de seguridade non hai espazo para que camiñen os peóns

Os veciños da Derrasa reclaman beirarrúas para escapar ao perigo que supón a estrada

Tramo no que os valados dificultan o tránsito de peóns. (Foto: Martiño Pinal)
Comezou a recollida de sinaturas entre os veciños da Derrasa (Pereiro de Aguiar), que pretenden adxuntar aos responsables da Xunta, a fin de ser tida en conta a demanda de beirarrúas que os libre dos perigos da estrada.
O pobo da Derrasa, no municipio de Pereiro, comezou unha campaña de recollida de sinaturas entre os veciños para reclamar diante do Xefe Territorial de Medio Ambiente, Infraestruturas e Ordenación do Territorio de Ourense a construcción de beirarrúas no tramo da OU-536 que discorre nas inmediacións da localidade. En dito tramo, segundo denuncian, e dende a remodelación da estrada ‘non existe espazo para a circulación dos peóns’, xa que debido á ampliación dos carrís para vehículos, aquel viuse diminuido ‘considerablemente’. E inclusive, nalgunha parte, ‘hoxe é inexistente’.

Esta circunstancia viuse agravada no momento que instalaron en ambos sentidos da circulación valados de protección, ou ‘quitamedos’, que definiti vamente obrigan aos peóns, dende o intre que non existen beirarrúas, ‘a camiñar rebasando a liña branca e invadir a calzada delimitada para o tráfico’.

Establecementos públicos

A situación na que ficaron parte dos habitantes da Derrasa despois da colocación dos valados e a ampliación dos carriles da circulación, obrígaos a ‘desprazarse a diario por este tramo’, pois trátase dun percorrido habitual e necesario para acudir a establecementos públicos. Pero tamén para achegarse ao supermercado, a carnicería, a entidade bancaria, a panadería, a oficina de correos, o acceso a zonas de paseo ou vivendas.

Entenden que corren un ‘grave risco’ cada vez que pasan por ese tramo, dada a velocidade coa que circulan os vehículos por el. O problema resolveríase se a Xunta, titular da estrada, escoita as alegacións que en breve lle achegarán, e ‘constrúe as necesarias beirarrúas’.


Te puede interesar