Veciños de Loiro levarán á Valedora do Pobo a falta de sumidoiros

Espazo Común de Barbadás acusa ao goberno municipal polos escasos servizos de saneamento en Loiro. Aseguran que os veciños están “fondamente molestos” pola “discriminación e falla de atención con respecto aos seus dereitos”, e que, se o Concello “segue a obviar as súas demandas, dirixiranse á Valedora do Pobo”.

Dende Espazo Común explican que, dende hai uns meses, o organismo municipal pasou a cobrarlles a través dunha empresa de xestión da auga, colocando contadores en tódalas vivendas, pero que ignorou “prestar o resto de servizos relacionados co ciclo da auga, cobrando impostos a casas que non teñen rede de sumidoiros”. n

Te puede interesar