ACTO SOLIDARIO

Os veciños reivindicaron o fin da pobreza extrema

Una concentración en la Praza do Trigo pidió la erradicación de la Pobreza y la Exclusión Social

Con motivo do día internacional para a erradicación da Pobreza Extrema e a Exclusión Social, os veciños de Ourense déronse cita onte na praza do Trigo para asistir ás actividades que o Concello tiña preparadas. Durante o encontro, procedeuse á lectura do tradicional manifesto e á realización de grafitis sobre papel alusivos ao lema do Día: “Non deixar a ninguén atrás: pensar, decidir e actuar unidos contra a pobreza extrema".

O Concello, que se sumou por primeira vez a esta reivindicación, tamén organizou un concerto no Fogar do Transeúnte a cargo de Diego Peraita, cantante da Banda Connectica, que interpretou cancións como “El grito de mi generación” cuxos autores Dani Martín, Marcos Caoe Juan Suárez á ONG Alianza Española Contra la Pobreza.

Te puede interesar