ENTREVISTA

"En vez de coñecedores do territorio, somos máis devoradores de destinos"

img-2018061ss9-wa0027
photo_camera Xosé Constenla.

Xosé Constenla presenta este mércores na librería Eixo o seu libro "O Colapso Territorial de Galiza", no que fala dos retos que afronta Galicia en temas de territorio

Xosé Constenla, profesor de Xeografía no Campus de Ourense e cantautor presenta este mércores na librería Eixo o seu libro "O Colapso Territorial de Galiza", no que fala dos retos que afronta Galicia en temas de territorio.  

Cal é o colapso do que fala no seu libro?

A idea de colapso que manexo non ten que ver co caos ou a conxestión. É un estado no que un sistema se pode presentar. Neste caso o sistema territorial. O territorio non é só un soporte de relacións humanas ou unha despensa de materias primas. No libro o territorio aparece como un sistema formado por elementos que colaboran e cooperan entre sí. Se son solidarios uns cos outros hai harmonía e equlibrio. O problema é cando esos sistemas compiten, e é o que acaba por facer que se tenda á desorde.  Entón hai colapso. 

E en que consiste esa distorsión do territorio?

O territorio converteuse nunha mercadoría do sistema económico, co que se tenta sacar beneficio máximo. O problema desa mercantilización é que dá lugar a unha perda de biodiversidade. Antes o monte e as aldeas cumprían a súa función, agora hai un territorio moi homoxéneo, cheo de eucaliptos, despoboado... É unha das consecuencias. E, en segundo lugar, hai unha perda de humanización, pero non só en termos demográficos. Senón coa relación do ser humano co territorio, perdéronse tradicións, pérdese uso da lingua, música tradicional.... Veuse abaixo unha forma de usar o territorio, e o territorio está máis desprotecido. 

Hai un descoñecemento da xente nova sobre o que hai aí fóra, nas nosas aldeas?

Hai unha especie de xogo. Hoxe en día somos máis xeográficos ca nunca, porque nos movemos con moita facilidade polo territorio. Imos dun destino a outro, con avións low-cost. Pero a dimensión territorial humana perdémola por completo. Chegamos de Ourense a Compostela en 35 minutos pero a xente non sabe por onde pasa. Non sabe se pasa polo río Ulla ou por onde. Hai que crear lazos cos lugares que visitamos. Agora somos máis devoradores de destinos que coñecedores do territorio, e vese coa pouca relación co territorio. 

Por que esa desonexión?

Agora descoñecemos por completo a nosa realidade na contorna. Aínda que viaxamos a máis sitios non coñecemos o territorio o suficiente. Todos os detinos aos que imos están mercantalizados. Vaias ao lugar do mundo que vaias, o centro comercial é idéntico en todas partes. Aínda que vaias a moitos sitios sempre acabas indo ao mesmo sitio. Sempre te atoparás o mesmo tipo de tenda, de restaurante. Sempre tes a mesma experiencia.

Por que hai despoboamento?

Hai parte do territorio que se converteu en presa doutra parte que se converteu en depredador. O abandono do rural é unha consecuencia do colapso territorial. Reconcentramos a poboación nos lugares centrais, como cidades, en detrimento doutros que non son capaces. E en Galicia é moi evidente. Os procesos de concentración da pobación ten traslación co que eu defendo. 

Perdemos máis contacto co territorio que noutros sitios?

O probema é que viñamos dun rural no que estamos moi conectados. Máis que noutros sitios. Pero creo que hai certos intereses no despoboamento no rural. Porque se non hai ninguén no rural, quen o vai defender? 

Te puede interesar