Vilamarín organiza unha xornada informativa sobre servizos financeiros

O coloquio celebrarase hoxe, ás 20,00 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vilamarín

Hoxe terá lugar ás 20,00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vilamarín unha xornada sobre servizos financeiros para achegar información e asesoramento en materia bancaria e financeira á veciñanza. Este coloquio está organizado polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC).

Nesta xornada, trataranse, entre outros asuntos, os dous tipos de contas bancarias; as contas básicas e as comisións; os créditos ao consumo e as tarxetas revolving; as hipotecas e avais; o sobreendebedamento, tanto a nivel empresarial como individual, e tamén a actual problemática de peche de sucursais bancarias en núcleos pouco poboados e como poder facer xestións básicas a través da banca electrónica ou do propio caixeiro, entre outros contidos que poidan xurdir e sexan de interese nesta materia. Ao remate, haberá un turno de preguntas.

Este coloquio enmárcase dentro da programación do IGCC, co que se busca informar á poboación sobre como afectan, entre outras problemáticas, a suba da factura da luz ou como facer trámites básicos.

Te puede interesar