Vilamarín porá en marcha unha escola de música municipal

O Concello de Vilamarín traballa na posta en funcionamento, o vindeiro 1 de setembro, dunha escola de música municipal. Esta iniciativa ofrecerá á rapazada do municipio preto dunha vintena de clases, como piano, guitarra, canto, batería ou ukelele. Ademais, tamén contarán con profesorado de renome, coma Isidro Vidal, un dos mellores instrumentistas da música tradicional; Agustín Domínguez, Luis Vivas ou Iván Salgado. O período de inscrición continúa aberto e os próximos 26 e 27 de xullo realizarase a presentación do profesorado, ademais dunhas xornadas de portas abertas das 19,00 ás 21,00 na Casa da Cultura do concello.

Te puede interesar