ÁREA METROPOLITANA

Vilamarín segue á espera da piscina pola falta de socorrista

En Vilamarín xa se lles botaron atrás varios, o que está a ralentizar o proceso de apertura e xa obrigou ao alcalde, Amador Vázquez, a pedir unha prórroga da subvención da Xunta ata o 15 de xullo para poder facer efectiva a contratación

Os veciños de Vilamarín viven un inicio de verán atípico, xa que aínda non poden desfrutar da piscina municipal, que o ano pasado abriu antes do 1 de xullo e que este ano tiña previsto abrir xa hai unha semana. O problema é a ausencia de socorristas. Os requisitos que se lles impoñen aos socorristas, que teñen que pasar pola academia de A Estrada para sacar o título, fai que nalgúns concellos custe atopar candidatos. 

En Vilamarín xa se lles botaron atrás varios, o que está a ralentizar o proceso de apertura e xa obrigou ao alcalde, Amador Vázquez, a pedir unha prórroga da subvención da Xunta ata o 15 de xullo para poder facer efectiva a contratación. 

"Conto con que o tema poida quedar solucionado mañá (por hoxe), xa que temos unha persoa a punto de asinar. A última hora botárase un atrás, e uns días antes pasou algo parecido. Xa falei coa Xunta e tamén con outros alcaldes, por se tiñan candidatos, pero tamén teñen déficit", explica Vázquez. 

De todos os xeitos, confiaba en poder deixar arranxada a situación canto antes e poder abrir as portas do recinto acuático xa a semana que vén. O rexedor confesa que lle trae de cabeza a apertura da piscina, e que son moitos os veciñso que preguntan pola situación. 

"É algo difícil de entender para a xente, pero o que está a pasar é a realidade, esperemos que se solucione". 

Te puede interesar