Vilar de Santos, exemplo de xestión local para CxG

Xoán Bascuas -a la derecha-, durante su intervención en Vilar de Santos. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
O Concello de Vilar de Santos acolleu onte unhas xornadas de política municipal, que contaron coa presenza de máis de 70 alcaldes, concelleiros e cargos electos de Compromiso x Galicia (CxG) 'e doutras formacións independentes', segundo sinalou Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador territorial da formación política en Ourense.
No encontro definíronse as liñas básicas do programa de CxG de cara ás eleccións municipais, vitais, segundo Pérez Bouza 'para consolidar o proxecto político de Compromiso no conxunto de Galicia'.

Finalmente, os asistentes coñeceron da man do alcalde, Xan Jardón, o 'milagre de Vilar de Santos', unha xestión que CxG quere dar a coñecer entre os seus concelleiros e responsables municipais, para que a teñan como guía para aplicar nos seus concellos, xa que segundo Pérez Bouza 'Vilar de Santos e un dos concellos do país cunha xestión máis eficiente'.

O peche das xornadas contou coa presenza do secretario xeral de XxG, Xoán Bascuas, que incidió no exemplo de xestión 'para os cidadáns' que é Vilar de Santos.

Te puede interesar