Vinte alumnos fórmanse no Pereiro para Protección Civil

Un dos cursos impartidos en Pereiro.
photo_camera Un dos cursos impartidos en Pereiro.
Vinte alumnos de toda Galicia estiveron esta fin de semana no Pereiro realizando o curso básico para formar parte de Protección Civil. O auditorio dos Gozos e a parcela nexa foron o escenario da formación teórica e práctica para poder incorporarse como voluntarios as súas respectivas agrupacións. O alcalde de Pereiro, Luis Menor, celebrou que o seu concello fose o elixido e lembrou a “aposta” do Pereiro pola mellora da atención ás emerxencias, “xa que contamos cun grupo de Emerxencias Supramunipais (GES) formado por 12 profesionais, dúas brigadas de incendios que axudan na prevención e unha agrupación de voluntarios de Protección Civil”.

Te puede interesar