Leva toda a vida adicado ó ensino e pensa que os estudantes de hoxe son incapaces de facer o que facían os de hai 30 anos, a pesares de dispor de moitos máis medios materiais e información.

As vivencias dun ciberescritor

Foi neno de rua nunha familia atípica, na que todos sabían de pan e despachaban na tenda de ultramarinos, negocios ambos que lideraba a avoa María, muller menuda e lista que exercía de matriarca e a que todos respetaban, mentres Antonio, o seu pai exercía de sastre na primeira planta.
Constituían unha especie de clan que xogaba ben ó fútbol e o futbolín e no que cantar ben era cousa xenética, porque pola rama paterna os vinculeiros tiñan boa voz e mellor oído, mentres que o avó materno era o señor Pepe Sánchez, fliscorno solista nas bandas máis renombradas da época, compositor, profesor de música da metade dos rapaces de Seixalbo durante décadas e verdadeira institución gracias ó seu altruismo e bonhomía que levaba dentro dun corpo menudo con pelo blanco e aire de artista despistado, que lle valían o recoñecemento xeral.

O de vivir na rua era algo común ós nenos rurais da sua xeneración. De feito, unha das lembranzas máis gratas que ten da infancia, é 'a vida nas canellas ó pé do forno, ca miña avoa.Teño aquil rincón na cabeza, de xeito que cada vez que volto por alí, parece como se me trasladase no tempo', ainda que tamén sinte certa sorpresa 'polo cambio de perspectiva que introduce a idade; daqueles parecíame todo inmenso, e o que entón nos valía como campo de fútbol é unha rua na que apenas pasan tres ou catro persoas a un tempo'.

A xuventude acrecentou o polifacetismo ata convertilo nun sino que o acompaña de por vida e o obliga a simultanear actividades e aficións. Así, xogou o fútbol co Pabellón na Liga Nacional Xuvenil, tocou a guitarra nun grupo folk, asistía a concertos e estudaba. 'Foi unha época bonita, de disfrutar e compartir'.

De adulto fíxose profesor, que ademáis de unha profesión convertiuse nunha paixón, a que dedicou os mellores esforzos, sempre no instituto de A Farixa. 'Deume o que quería facer, ademáis de estar en contacto con xente xoven. Eiquí hai alumnos que veñen co bachiller feito ou incluso con carreiras; escoitalos oblíganos a actualizarnos constantemente xa que compartimos moitas cousas nunha convivencia intensa'.

Pese ó anterior, pensa que 'o ensino empeorou, pois hoxe os rapaces veñen co seu ordenador, teñen moitos medios á sua disposición, pero son incapaces de facer memorias de proxectos como as que facían de xeito manual os seus antecesores de hai trinta anos, que eran capaces de dseñar circuitos integrados á man'. Reflexiona que os estudantes de hoxe 'non rentabilizan os medios que teñen á sua disposición, tal vez porque están moi acomodados'.

A sua vida ten outras facetas, como a de dar formación para profesores ou a de exercer como escritor. Ó mesmo tempo que a sua filla Alexandra se facía xornalista, alumeou a sua primeira novela. En 'La huella del camino' argallou unha historia co Xacobeo de fondo. Presentouna ó Planeta e foi seleccionada como finalista. Para calquera escritor novel sería acadar a lúa, mais Mario pensa que foi 'unha anécdota' e nin xiquera asistiu á gala da entrega do premio en Barcelona, 'porque estaría fóra de lugar'. Tampouco chegou a editar a obra, pese a que algunhas editoriais se interesaron por ela, xa que 'cada vez que collía o orixinal facía correccións e non acababa de gustarme. Impúxoseme unha especie de pudor e foi unha cuestión de honestidade'.

A segunda novela titulouna 'Al otro lado de la tempestad', que andaba arredor da crise do Prestige, e a partires de ahí pasouse ó ciberespacio, que é outra das suas paixóns. Creou o portal cometadigital.com, no que volca a producción literaria e fai opinión sobre temas de actualidade. O sitio web ten máis de 400 visitas diarias, con notable repercusión en Latinoamérica, sobre todo en México.

A terceira novela é 'Laberinto del recuerdo', na que un xoven escritor volta ó seu pobo para recuperar o pasado e relatar a historia da guerra civil naquil enclave. Agora pensa que mellorou notablemente como narrador, está convencido de que adquiriu oficio e do mesmo xeito que nunca lle daría premios á sua primeira obra, na última detecta que ten ritmo e reflexa a adquisición de oficio por parte do autor.

Te puede interesar