ENTREVISTA

“Voaxa e Carmín' é un exercicio de recuperación de memoria histórica "

20170201172237379_result

Mabel Rivera protagoniza junto a Belén Constela a obra de Esther F. Carrodeguas "Voaxa e Carmín", que chega ó Auditorio de Ourense mañá venres ás 20,30 horas. Dirigida por Xavier Castiñeira

A obra de Esther F. Carrodeguas "Voaxa e Carmín" chega ó Auditorio de Ourense mañá venres ás 20,30 horas. Dirigida por Xavier Castiñeira, está protagonizada por Mabel Rivera e Belén Constenla. 

Que nos presenta esta obra?
Presenta a historia de dúas mulleres recoñecidas, raras, choqueiras, que saían a rúa, xa de maiores e na época franquista,  sempre pintadas coma portas e vestidas de xeito colorista chamando moito a atención naquel Santiago e aquela España gris e pouco receptiva a determinado tipo de conductas. "As Marías" vivían ben do seu traballo na costura, pero pertencían a unha familia con membros anarquistas. O porque necesitaban sair así era a necesidade de sobrevivir e ocultar algo...

Que supón para vostede?
É un reto. Esto é un exercicio de recuperación de memoria histórica. A min o que máis me moviliza agora mesmo é contar cousas que teñan que ver cunha sociedade. O feito de contar a nosa historia da un sentido case definitivo ó noso traballo. Se encima implica risco artístico...que queres que che diga! E unha suma de retos estimulante.

Motivador?
É fantástico porque enriba estamos implicadas con xente moi nova cunha formación que eu no meu tempo non tiven, pero que sempre reclamei. É xente saída da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo (ESAD) o que significa que hai unha xeneración detrás de nos que se interesa por recuperar unha memoria que quizais nos correspondía a nos ter feito. Esto paréceme de xustiza poética. O traballo de Esther Carrodeguas con este texto é unha aposta por unha maneira de decir arriscada... difícil e endemoniada para unhas actrices (risas). É un texto totalmente poético.

E a posta en escena?
Xavier Castiñeira, vinculado á ESAD, ten unha visión clarísima do que quería e da forma na que o quería contar. Paréceme unha confabulación estupenda. Estámonos a unir a xeración dos que iniciamos a última etapa do teatro profesional de Galicia e a xente que vai chegando.  

Como ve o panorama das artes en Galicia?
Botando a vista atrás non teño máis remedio que recoñecer que nunca pensei que chegásemos a caer tan baixo. Esto non ten só que ver co 21 por cento do IVE cultural, porque eso é unha cuestión ideolóxica que amosa que non interesamos, pero como profesión e como xente comprometida cun determinado nivel de denuncia, temos unha forza inusitada para contar e reivindicar o que pasa eiquí. Creo que eso é un deber como cultura. Temos moito que facer para impedir que se desfaga.

É un momento difícil...
Si. Estamos nun momento complicado pero se temos o compromiso as cousas empezarán a revertir. Depende de nós. Temos que  traballar pola cultura.

Te puede interesar