A terceira edición do festival botánico será inaugurada iste sábado

Os xardíns irmanan a Allariz con Pontevedra

Francisco García y Miguel Anxo Fernández Lores, alcaldes de Allariz y Pontevedra. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Os alcaldes de Allariz, Francisco García, e de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, asinaron onte un protocolo de colaboración para o fomento do 'Festival Internacional de Xardíns' e o 'Certame de Xardíns Efímeros', que se celebran nos seus municipios respectivos.
Con este acordo, os dous rexedores apostan polo intercambio e divulgación de experiencias entre os dous eventos, dentro dos obxectivos de posta en valor 'da xardinería, as zonas verdes e o paisaxismo, para disfrute e mellora da calidade dos de vida dos nosos veciños'. A terceira edición do festival internacional alaricano comezará o vindeiro sábado, 12 de maio, e prolongarase ata o día 1 de novembro, e leva como lema 'Galiza, o país da auga'.

A organización decidiu elexir esta temática pola ausencia de choivas durante o ano pasado e no primeiro trimestre do actual e a súa influencia na xardinería. Nun espazo situado á beira do río Arnoia, e que este ano foi ampliado en 10.000 metros cadrados, os visitantes poderán admirar uns xardíns baseados na mitoloxía popular galega. Así, o protagonista invisible será 'O Nubeiro', unha personaxe que golpea as nubes co seu martelo de ferro, e estas descargan choiva e tronos.

O programa compleméntase co 'Concurso de balcóns' e un mercado de flores. O recinto abrirá de 17,00 a 21,30 horas, de luns a venres, e de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 22,00 horas na fin de semana.

Te puede interesar