A XI Camiñada de Terrachán a Peneda terá lugar este sábado

O vindeiro día 14 de setembro de 2013 (Sábado), ás 9,30 horas, terá lugar a XI Camiñada de Terrachán a Peneda, que partirá dende a Praza do Concello. A ruta de 21 kilometros pasará a carón da Igrexa de Santa María la Real, para despois pasar por Ferreiros de Abaixo ata o río Covas. Logo diríxese en dirección a Serra do Quinxo ata chegar ao Ribeiro, acadando finalmente A Peneda, onde os participantes serán recollidos en autobuses para regresar ó punto de partida na Alameda, onde poderán beber e comer para recuperar forzas. O longo do percorrido haberá puntos de aprovisionamento de bebida e fruta.
Este ano como novidade as persoas que fagan a camiñada poderan facer o camiño de volta (Peneda-Terrachán) en BTT (Bicicleta de Montaña). A organización encargarase de levar ás bicicletas dende Terrachán a Peneda.

Te puede interesar