XIII Andaina solidaria en Nogueira de Ramuín

Acto de presentación da Andaina solidaria de Armariz, no Pazo Provincial.
photo_camera Acto de presentación da Andaina solidaria de Armariz, no Pazo Provincial.
A cita terá carácter solidario e parte da inscrición irá destinada a Accu Ourense

O próximo sábado, día 5, celebrarase no Concello de Nogueira de Ramuín a 13ª Andaina de Armariz, unha proba que conta co apoio da Deputación provincial de Ourense e ten carácter solidario, xa que unha parte da recadación irá destinada a Asociación de Crohn e colite ulcerosa de Ourense (Accu Ourense).

O presidente do Inorde e deputado, Rosendo Fernández, recibiu no Pazo Provincial aos representantes da organización, o presidente e vicepresidenta da Asociación de Veciños de San Ramón de Armariz, David González e Begoña Cadahia, e ao presidente de Accu Ourense, Fernando Jiménez, que estiveron acompañados polo concelleiro de Cultura, Deportes e Turismo de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto.

A andaina terá un percorrido de 12 quilómetros, con saída no souto do San Ramón. Dos sete euros do prezo de inscrición, tres irán destinados á Accu Ourense para colaborar no financiamento dos seus servizos e actividades, segundo apuntaron os organizadores durante a presentación desta actividade saudable e tamén solidaria

Te puede interesar