Xoán Eiriz: 'Partirei cantando na fala de Cunqueiro'

O cantautor Xoan Eiriz (A Coruña, 1956) conmemora os seus 30 anos adicados á música co disco recopilatorio 'Trinta anos e unha canción de amor' e unha xira de conciertos que o traerá ó Auditorio Municipal de Ourense o vindeiro 4 de outubro.

Que criterio seguiu para sintetizar 30 anos nun disco?

Tratei de seleccionar os temas máis significativos da miña carreira, procurando amosar a flexibilidade da língua galega para cantar calquera estilo. O resultado é un disco moi variado, que inclúe desde cantigas populares galegas ata versións de temas universais como 'My way', 'Ne me quitte pas' ou 'Alfonsina y el mar'.


QUE BALANCE FAI DESTES ANOS?

Moi bo. Afortunadamente houbo tempos mellores, porque agora mesmo a música galega está atravesando unha pequena crise que está danando e a nosa cultura. Somos un país no que se valora moito máis o que vén de fóra e é iso é un gran erro, porque Galicia ten grandísimos artistas, pero sobran os dedos da man para contar os poden vivir da música. A pesar de isto, eu nunca perdín a ilusión.


TEN ÁNIMOS ENTÓN PARA OUTROS TANTOS?

A música é o que máis quero despois da miña familia e é algo que non o vou a abandoar nunca. O día da derradeira viaxe quero levar no bico un cantar na fala de Cunqueiro.


O fin da súa música é dignificar o galego. Nunca se plantexaría cantar noutro idioma?

Xamáis. Tiven e teño propostas, pero vai en contra da miña forma de pensar. Partirei cantando en galego.

Te puede interesar