O TEMPO

Xornada despexada con temperaturas que poden alcanzar máximas de 31º en Ourense

10.68.50.16-archive-2017-04-08-1op3942_result

Para o resto da comunidade prevese unha situación indefinida, alternando nubes e claros, con momentos completamente despexados na metade sur.

Galicia estará este mércores, Día do Apóstolo, nunha situación indefinida entre as altas e as baixas presións.

A comunidade amencerá con nubes baixas e néboas que tenderán a diminuír progresivamente para deixar unha tarde de ceo alternando nubes e claros, con momentos completamente despexados na metade sur.

As temperaturas mínimas permanecerán sen cambios significativos mentres que as máximas ascenderán lixeiramente, alcanzando os 33º en Ourense, e os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.

Te puede interesar