DIVERSIDADE

As “Xornadas da Diversidade" serán estes días na cidade

Este luns, ao mediodía, terá lugar a ofrendar floral na tumba de Eduardo Blanco Amor, no cemiterio de San Francisco, onde se lerá tamén un texto-homenaxe

A Asociación Cultural A Galleira conmemorará durante toda esta semana o Orgullo 2016 cunha serie de actividades dentro do que denomina as "Xornadas da diversidade", coas que busca poñer en relieve o movemento de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais. O programa comeza hoxe e rematará en sete días, descansando únicamente durante o fin de semana.

Este luns, ao mediodía, terá lugar a ofrendar floral na tumba de Eduardo Blanco Amor, no cemiterio de San Francisco, onde se lerá tamén un texto-homenaxe. Xa pola tarde, as 19,00 horas, organízase a actividade Urban Knitting "As Irmandades da Fala en femenino", iniciándose o percorrido na escultura de Eduardo Blanco Amor na praza Bispo Cesáreo.

Mañá, desde as 20,30 horas terá lugar o roteiro da Esmorga "A invisibilidade da diversidade afectiva na obra de Blanco Amor", e ás 22,00 horas celebrarase no local social de A Galleira un concerto de Gabi Reboredo.

Xa o mércores, ás 20,00 horas no local social, organízase unha palestra de Uxío Novoneyra e Antón Lopo sobre a correspondencia entre Ramón Suárez Picallo e Eduardo Blanco Amor, mentres que o xoves, á mesa hora, haberá unha recital poética titulada "Saca as túas letras do armario".

O venres, tamén ás 20,00 horas, o escritor Narciso de Gabriel falará sobre o 115 aniversario do casamento de Elisa e Marcela, mentres que as actividades programadas por A Galleira pecharanse o luns 4 de xullo ás 20,00 horas cun videofórum-tertulia sobre "Sexodiversidade na Turquía e Curdistán".

Te puede interesar