Xornadas para previr as enfermidades en Xinzo

Acto de presentación da campaña 'Salvar vidas está nas túas mans'. (Foto: MARCOS ATRIO)
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xinzo de Limia, coa participación, dirección e organización de Manuel Cabas López, presentou as xornadas 'Salvar vidas está nas túas mans' (programa da Organización Mundial da Saude), apoiado nos docentes da Escola Rural de Saúde da Limia. As xornadas puxéronse en marcha onte e desenvólvense ata o día 9 deste mes de maio, coa realización de diferentes talleres.
Os destinatarios deste proxecto son os enfermos, familiares de enfermos e poboación en xeral. O obxectivo prioritario desta iniciativa é o coñecemento da enfermidade, promoción da saúde e prevención. As autoridades locais fixeron un chamamento ós cidadáns animando a participar.

Esta campaña incide sobre todo na prevención de infeccións a través da hixiene das mans. Nela participan, ademáis da OMS e os Servizos Sociais de Xinzo de Limia, a Escola Galega de Saúde para os Ciudadáns, o Servizo Galego de Saúde, a Rede Ciudadana de Formadores de Seguridade do Paciente e o Ministerio de Sanidad.

Te puede interesar