EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Xosé Lois González é o artífice da icona do humor gráfico “O Carrabouxo”, un personaxe retranqueiro que onte cumpriu 40 anos de historia. La Región publicou por primeira vez a súa viñeta o 10 de novembro de 1982, momento no que este home atipicamente alto, simpatizante do viño e o tabaco, erixiuse como observador experto da sociedade ourensá.
Como nace O Carrabouxo? Por que lle puxo ese nome?
É unha palabra moi sonora e moi galega. No territorio emprégase de forma popular por parte das nais para dirixirse aos nenos e á vez é a masa que crece nos carballos ao redor dos ovos das moscas, coma unha perla, é como unha resistencia. Esa é a súa simboloxía, O Carrabouxo recibe constantemente ataques do exterior.
“Recibe ataques do exterior” ou síntese atacado polo que percibe nas súas observacións? Parece a versión galega de Holden Caulfield, o protagonista de El Guardián Entre el Centeno…
Si, está agochado e agardando todo, a súa retranca é unha forma idéntica de dicir as cousas desde un subterfuxio. Observa desde o agocho.
As ideas esgótanse tras corenta anos de viñetas diarias?
As ideas van xurdindo, ao final isto convértese nun oficio. É máis unha cuestión de traballo que de inspiración. Eu leo sete xornais todos os días -por internet- e vou apuntando titulares nun caderno para sacar as viñetas. Levo xa 300 libretas.
Que viu cambiar O Carrabouxo desde os 80 ata agora?
Creo que nada. Os problemas e a filosofía coa que se afrontan son os mesmos. O que está claro é que o humor non é “un arma cargada de futuro” como é a poesía, non arranxa nada pero pode cambiar a visión das cousas. En canto ao personaxe tamén cambiou o seu peso, antes era bastante gordo. Porén, continúa caracterizándose sempre por ser o mais alto da viñeta.
Fálase moito dos límites do humor, semella que hai terras que xa non se poden pisar. Ten límites? Hai algunha liña que non cruce O Carrabouxo?
Eu póñome límites, un aprende co tempo a ser demócrata e igualitario. É unha nebulosa difícil de definir, pero penso que hai que ter certa moral. O que non entendo é que, por exemplo, alguén se poida escandalizar por facer unha broma sobre un morto: isto é como no Entroido, burlámonos do Papa, dos presidentes… Os límites deberían ser un tema máis vencellado á igualdade.
A esquerda ten sentido do humor?
Sospeito que a dereita encaixa mellor o humor que a esquerda, en termos xerais, polo menos é o que manifestan. Cando Felipe González gañou as eleccións O Carrabouxo meteuse con el de inmediato, non sentou ben, era todo parte da galegovisión pero a esquerda rebotouse. Aínda que nunha ocasión, a dereita tamén tomou mal un chiste e Manuel Fraga chamou ao periódico porque non lle sentou ben unha viñeta.
O público do xornalismo gráfico, das viñetas, gaña adeptos? As novas xeracións ven O Carrobouxo?
En Facebook o personaxe ten 31.000 seguidores e hai moita xuventude, pero na rúa é certo que ninguén sabe quen é. Amólame bastante, quizais é hora de cambiar a linguaxe.
Que función ten a viñeta ademais de entreter?
A popularidade que tivo fixo que formase parte dos movementos sociais. Recordo unha manifestación na que a pancarta de cabeceira era un chiste meu. Estar ligado aos problemas sociais, que conten contigo para demandar necesidades. O humorismo gráfico é fundamental: Castelao foi famoso antes por debuxante que por político porque retrataba os problemas dos labregos e os mariñeiros.
Por que non se debe perder o humor?
O humor fai máis dixeribles os dramas da vida. É unha visión do mundo moi especial. Ninguén foi capaz de definir que é exactamente pero é fundamental.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último