Xosé Manuel Baltar Blanco: ‘O presidente Baltar dixo millóns de veces que en política os cargos non se heredan’

Xosé Manuel Baltar, nun momento da entrevista. (Foto: Marcos Atrio)
Xosé Manuel Baltar non desvela as súas intencións ante unha posible marcha de Baltar Pumar pero tampouco se descarta. Considera incuestionable o liderazgo de Alberto Núñez Feijóo.
Vostede en realidade quería ser conselleiro, non?

Cando un está en política debe estar disposto a todo; nese momento considerouse por parte do presidente que fora ó Parlamento, e eu encantado porque eso non merma a miña actividade política na provincia, como deputado e no ámbito orgánico. Cando un vai nunha lista, e nun proxecto tan ilusionante como era rematar cos 43 meses negros do bipartito en Galicia, comprenderá que se o líder me chama para a Vicepresidencia aí estou encantado, asegúrollo.



Esta é labor de tódolos deputados, e eu xa o fixen na última lexislatura do PP. Cecáis agora, como vicepresidente, resúltame máis fácil acceder a conselleiros e altos cargos. Cando era delegado de Agricultura en Ourense, pensaba que debía ser o que remitía a realidade da provincia á Xunta; hai que facer o mesmo, darlle a volta ás preposicións.

Nembargantes, parece vostede un Rogelio Martínez ‘bis’.


Para nada, nin o pretendo. Rogelio ten a súa función xunto cos outros catro delegados en Galicia. Ten unha función executiva máis clara.

Martínez non era o home de Baltar para delegado territorial. Cre que foi un acerto a súa designación?

Non é momento para xulgalo. A persoa que me elixiu a mín para desempeñar a función de vicepresidente é a mesma que designou a Rogelio e, polo tanto, parécenme axeitadas as dúas decisións. Non hai nada que discutir, cada un fai o seu papel e el estao a facer ben.

Considérase entón un home da confianza de Feijóo?


Penso que non hai homes de confianza ou sin ela. No momento no que estamos nun proxecto común e loitamos polo mesmo, a confianza debe ser absoluta; a miña relación con Feijóo é fantástica dende que estabamos na oposición; fun testigo daquela sucesión de Fraga e como Núñez sorprendeu a propios e estranos co seu traba llo, a súa preparación e a súa clarividencia.

Vaise presentar Baltar Pumar á reelección no congreso provincial do partido? Ou debe marcharse?

O primeiro que ten que haber é un respeto absoluto polo presidente actual. E ata que non se pronuncie, no momento en que se convoque o congreso, non é momento de que se diga nada. E ninguén, dentro do PP ou fóra, se imaxina un partido sen Xosé Luis Baltar ó frente se el quere continuar. O debate non está aberto.

Pero vostede pretende ser a alternativa na hipotética sucesión?


Non me gusta falar en clave persoal porque temos un presidente que o foi moitos anos e que non admite comparación. Creo que temos presidente (Baltar Pumar) para rato, que o seu proxecto político non está esgotado e eso amósase nos dous últimos resultados electorais. Que non decide presentarse, pois hai moitos nomes no partido, temos un cadro de militantes tan importante que non haberá traumas.

Entre eles vostede?


Non teño idea de dicir nada neste momento. Estou entre os afiliados e formo parte da estructura actual do partido e non debo interfeir.

Arrecian as críticas contra vostede pola súa intención de herdar do seu pai a presidencia do partido e da Deputación.

É un pronunciamento de certa xente que leva xogando con eso hai tempo e o propio Baltar dixo millóns de veces que en política os cargos non se heredan. Será no seu momento cando os militantes, cargos ou representantes públicos das administracións decidan quen tomará as rendas. Eso é unha pobreza de argumentos, dende que aparecín na escea pública é o único que me din. Estiven en diferentes sitios e se o único que din é que son fillo de Baltar, pois mire, é unha grande satisfacción; mellor que non se me critiquen pola miña xestión.

Circulou entre os alcaldes un borrador de carta con Feijóo como destinatario e na que se cuestionaba a actitude do presidente da Xunta cara Ourense. Foi idea de vostede, dos máis pertos a Baltar? Pensa que é un acerto esta estratexia?

Nunca vin ese documento, salvo unha fotocopia nun medio e frases que se vertían no artigo. E se existira, que o dubido...

Eu podo darlle unha copia.


Paréceme absolutamente rexeitable porque acabamos de obter uns resultados magníficos, temos absoluta confianza no presidente da Xunta e eso de falar de cuotas provinciais ou de poder é un discurso con adeptos pero sobra no mundo actual. Atopámonos suficientemente representados e o que hai que facer ben é traballar.

Así que Ourense está ben representada en Santiago?


A nivel de representatividade si. Temos cargos de relevancia en tódalas consellerías, acceso inmediato a calquera conselleiro, igualmente co presidente. Está fora de todo lugar ese tema e nin Baltar nin ninguén, para falar con Feijóo, necesita montar unha estratexia rara.

Pero hai alcaldes que recoñecen a carta e que firmaron. E que o fixeron á marxe da dirección do PP?

Dentro dun partido hai moitas sensibilidades, cada un temos unha opinión; pero non teño dúbidas do incuestionable liderazgo de Feijóo. Agora, en tódalas reunións do comité de dirección, tódalas semanas, nunca se prantexou facer algo así.

E fóra desas reunións?


Para nada; se é que existe, imaxino que haberá xente interesada, como dixo Baltar; xente que en absoluto persegue o ben do partido. Que alguén diga que foi el, se verdaderamente ten entidade ese documento.

Agora que mira os escanos socialistas e nacionalistas dende o poder, como ve ós da oposición?

Tocados, cáseque en proceso de descomposición. Viña para a entrevista e vía restos de carteis que parecen chistes malos. O de Quintana poñía ‘avances’, cando sufriu un retroceso coma nunca, co drama de que os galegos xa sabemos o que poden dar cando gobernan. Tamén vin o de Touriño que dicía ‘o presidente que nos une’, que pagou a súa soberbia e prepotencia. Non se visualiza ningunha alternativa e o que queda dos seus 43 meses son só escándalos, enfrentamentos, despilfarro, ... Neste punto, gustaríame facer un recoñocemento á labor de alcaldes e concelleiros, porque fundamentalmente os do PP padeceron un sectarismo como non houbo outro. O bipartito anulou os convenios feitos e asfixiounos por completo con políticas que rozan a ilegalidade ou manifestamente ilegais. Mandaba máis o concelleiro do PSOE e do BNG que a maioría elexida nas urnas; eso é unha perversión do voto que me lembra os primeiros tempos de Quintana en Allariz.

Din vostedes que as arcas públicas están esgotadas. Non hai financiación para nada?

Está todo comprometido. Agora temos a obriga de gobernar e atopámonos con casos tan sorprendentes como o do parque ambiental de Carballeda de Avia, cando comprobamos unha das grandes mentiras de Pachi Vázquez; fixeron 50 presentacións, anunciaron 800 empregos, non había información, temían un basureiro e resulta que preguntan se o iamos paralizar cando a paralización foi do propio bipartito, nun informe de Vivenda que tachaba de inviable o parque. O propio goberno recoñecía en 2008 que non podía ser. A cara que lles quedou a Milia e compañía, que estaban alí, foi de circunstancias.

Na cidade, o obxectivo do PP será, supoño, recuperar a alcaldía? Como? E con quen?

O bipartito está morto. Duplicaron o gasto, despilfarraron, e deso deuse conta a xente. Cos resultados das autonómicas recuperaríamos a alcaldía e por eso, se trata de afinar agora para que o electorado perciba que temos en conta as súas necesidades. Como candidato, non teño ninguna dúbida de que debe ser Enrique Nóvoa, e o partido tamén.

Cal é o soño da súa vida en política?


Xa o cumprín, estar no Parlamento. Son un fanático da política, dende sempre devoraba os periódicos, ía ós debates, e compartir escano con xente á que admiraba, é moito.

Te puede interesar