Xosé Neira Vilas, nomeado Arraiano Maior 2013 en Celanova

A Asociación Cultural, Ecoloxista e de Desenvolvemento Rural Arraianos con sede no concello de Celanova acordou o nombramento de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928) como Arraiano Maior de 2013. Na última asemblea de Arraianos, celebrada na vila de San Rosendo, acordouse por unanimidade distinguir co dito recoñecemento a Neira Vilas pola súa traxectoria vital e literaria.
O acto de nomeamento deste ano, previsto para o sábado 7 de setembro, celebrarase na súa terra natal, concretamente no salón de actos Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres. O feito de trasladar o encontro a terras pontevedresas 'responde a unha vontade de destacar o valor do rural e de trascender as fronteiras políticas, administrativas, físicas e mesmo mentais, nun espazo que é lindeiro entre concellos, cuncas fluviais e provincias', subliñan dende Arraianos.

Te puede interesar