TRIBUNALES

A xuízo por traficar con cocaína agochada en botes de xampú

photo_camera Los acusados, sentados en el banquillo.

Uno de los acusados viajó a Venezuela, a instancias del cabecilla, para recoger una bolsa de droga valorada 46.531 euros.

O xuízo contra cinco persoas acusadas de traficar con cocaína, substancia coa que un dos acusados foi sorprendido cando a ocultaba en dous botes de xampú, retomarase este martes, día 2 de febreiro.

No seu escrito, o Ministerio público considera a JL.C.P dedicábase á venda de droga, actividade na que o asistía a súa esposa, E.D.R; así como o irmán desta última N.D.R. Todos eles con residencia habitual en Ourense.

Precisamente, a Fiscalía Provincial de Ourense explica que, en maio de 2011, N.D.R foi interceptado con 846 gramos de cocaína, valorada en 82.252 euros, oculta en dous botes de xampú que portaba no interior dunha mochila por encarga de JL.C.P e E.D.R. Tamén posuía 5,184 gramos de planta de cannabis varolados en 26,69 euros.

Ademais, segundo o texto, outro acusado, FJ.C, viaxou en autobús a Madrid a petición do principal acusado e alí púxose en contacto telefónico coa última das acusadas, MT.Z.B., que chegara de Venezuela varios días antes. Tras verse nun bar, a acusada foi ao hostal no que se hospeda e entregou unha bolsa a FJ.C. que contiña 338 gramos de cocaína valorada en 46.531 euros.

PETICIÓNS

Por todo iso, a Fiscalía pide para JL.C.P e E.D.R a pena de sete anos e seis meses de prisión; seis anos para N.D.R; e catro anos e seis meses para FJ.C.V e MT.Z.B, a todos eles se lles acusa de delitos contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Tras comezar o pasado día 20 de xaneiro, o xuízo retomarase este martes, a partir das 10,00 horas, na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense.

Te puede interesar