CONCELLO DE OURENSE

A Xunta asumirá o 80% da reforma da casa consistorial

Ourense. 19-10-15. Local. Recepción no concello de Ourense a Alfonso Rueda.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Marisol Díaz, Alfonso Rueda, Jesús Vázquez e Jorge Pumar baixo o deteriorado teito do piso.

O goberno local habilitará a segunda pranta, agora baleira, àra aforrar en cosotos alugueres

As obras para rehabilitar o segundo andar da casa consistorial, co obxectivo de albergar instalacións municipais para así aforrar en custes de alugueres, comezarán de inmediato. Así o confirmou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa visita institucional ao Concello; aportará o 80% da reforma desa pranta do Consistorio. "O edificio necesita de actuacións urxentes", dixo Rueda tras un percorrido polo segundo piso, afectado polo deterioro das cubertas e do cableado. Rueda destacou tamén que para a realización da reforma se habilitou unha partida de 60.000 euros, dos que o Goberno galego aportará un total de 48.000 euros. Rueda, a quen acompañaba a nova delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, foi recibido nos soportais polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez, acompañado dos concelleiros Jorge Pumar, de Servizos Xerais, e Flora Moure, de Persoal e Seguridade.

O tamén conselleiro de Presidencia e Administración Públicas destacou tralo encontro a necesidade da remodelación xa que os ourensáns queren ter unha casa consistorial "digna xa que é de tódolos veciños", dixo. Asimemo, falou do compromiso da Xunta que "dedicou partidas á remodelación e á construcción de casas consistoriais en moitos concellos das catro provincias" aínda que recoñeceu que se foron esquecendo remodelacións en edificios "como no que hoxe estamos, inmobles históricos que tamén necesitan reformas", explicou Rueda.

O alcalde Ourense, Jesús Vázquez, explicou que trasladaránse a esta nova estancia unha vez que finalicen as obras os "servicios centrais, que deben estar no edificio central porque van prestar servizo ao resto de concellerías", como o caso da área de asesoría xurídica do Concello. Asimesmo, destacou que nos vindeiros días se dará a coñecer un plan de reordenación dos espazos municipais no que se está a traballar e que suporá un aforro importante para as arcas municipais xa que "estamos a pagar algún aluguer moi costoso tendo a posibilidade de ir acomodando áreas municipais dentro dos espacios públicos", explicou Vázquez.

Tamén sinalou que con esta reforma se pretenden mellorar as condicións nas que traballan os funcionarios desta segunda pranta da casa consistorial da cidade.

Durante a visita institucional, Vázquez e Rueda mantiveron unha reunión na en materia de cooperación entre ambas institucións para a posta en marcha dun plan de formación para os empregados públicos. Con motivo da entrada en vigor da Lei de Transparencia, o Concello solicitou á Xunta a firma dun acordo marco así como de cursos específicos para reforzar as competencias dos funcionarios co obxectivo de prestar un mellor servizo aos veciños nos seus trámites administrativos. Outro das peticions do rexidor foi a necesidade dunha maior flota de vehículos pa Protección Civil.

Te puede interesar