A Xunta busca os donos de 12 fincas en Taboadela

Luminarias en San Xurxo de Touza, no concello de Taboadela. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Concello de Taboadela. Foto de archivo.
Estes expedientes lévanse a cabo dentro dos traballos de desenvolvemento de aldeas modelo de Ourense

A Xunta abriu unha investigación para coñecer quen son os propietarios de 36 parcelas en dúas aldeas modelo da provincia de Ouerense, 12 delas en Covelo (Taboadela) e outras 14 en Carzoá (Cualedro). O Diario Oficial de Galicia publicou onte os anuncios do inicio os procedementos de investigación de titularidade de inmobles por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural nas aldeas modelo de  Taboadela e Cualedro.

Estes expedientes lévanse a cabo dentro dos traballos de desenvolvemento destas aldeas modelo. No caso da aldea modelo de Covelo (Taboadela) conta cunha superficie de máis de 15 hectáreas divididas en 223 parcelas de 109 propietarios, e  clarexarase a titularidade de 12 inmobles. Por último, a aldea modelo de Carzoá (Cualedro) abrangue unha superficie de preto de 54 hectáreas con 389 parcelas duns 215 propietarios, na que serán 24 as parcelas que se clarexarán.

Como paso previo, consultouse a información catastral, o rexistro da propiedade e, en colaboración cos c oncellos, recolleuse a documentación aportada polos veciños e titulares dos predios das aldeas model. O inicio dos expedientes estarán expostos 20 días. 

Te puede interesar