A Xunta compromete a construcción de gradas no campo de fútbol e outra piscina en Barbadás

Baltar, Freire Couto e Lete, de esquerda a dereita. (Foto: José Paz)
O Concello de Barbadás verá melloradas as súas instalacións deportivas, no tocante á construcción de gradas no campo de fútbol e dunha nova piscina. Tal foi o compromiso acadado polo alcalde do concello, José Manuel Freire, o vicepresidente do Parlamento, José Manuel Baltar, e o secretario xeral de Deporte, José Ramón Lete.
Freire expúxolle ao secretario o proxecto de construcción do pavillón deportivo que se leva a cabo co apoio da Deputación a través do Plan de Infraestruturas Deportivas, que prevé rematar este ano a súa segunda fase. Freire agradeceu especialmente a sensibilidade da Deputacón cun concello que, como Barbadás, rexistra un importante incremen to de poboación.

En canto ás bancadas do campo de fútbol, o alcalde xustificou a súa necesidade na ‘gran cantidade de veciños que acuden aos partidos e ao feito de que é de obriagado cumprimento ter bancadas na liga de terceira división, como se prevé que aconteza a vindeira tempada’. Por otra parte, Barbadás conta con numerosas escolas deportivas.

Te puede interesar