MEJORAS EN LA CIUDAD

A Xunta destina 120.000 euros a mellorar o abastecemento de tres rúas de Ourense

As obras comezarán e finalizarán este mesmo ano, toda vez que os prazos de adxudicación van dende as catro semanas ata os dous meses, explicou a Consellería.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, informou de que destina 120.000 euros a mellorar o abastecemento de tres rúas do municipio de Ourense.

En concreto, o departamento autonómico adxudicou as obras de mellora da rede de abastecemento da rúa da Laza por un importe de case 50.000 euros. Esta actuación súmase á ampliación da rede na rúa Limoeiros e no núcleo da Costa en Cudeiro.

As obras comezarán e finalizarán este mesmo ano, toda vez que os prazos de adxudicación van dende as catro semanas ata os dous meses, explicou a Consellería.

As tres actuacións de abastecemento, engadiu, responde ás solicitudes formuladas polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, á conselleira de Medio, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, en reunións de traballo nas que analizaron as necesidades en materia hidráulica da cidade.

Te puede interesar