A Xunta dubida da titularidade do contorno de A Veracruz

O Concello do Carballiño recibiu un escrito da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta no que se solicita unha xustificación documental da titularidade municipal dos terreos do contorno do templo de A Veracruz onde se está a construir unha praza pública.
O citado departamento autonómico, que dirixe Encarnación Rivas dentro da Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras, desexa aclarar de xeito definitivo se a superficie prevista no proxecto é de propiedade do Concello carballiñés, tendo en conta a postura do Obispado de Ourense, que asegura que a zona sur da igrexa é patrimonio da Diócese.

O alcalde, Carlos Montes, comentou onte que 'nós ímoslle remitir as escrituras que posuimos, que fan referencia ás fincas expropiadas na parte norte e os terreos da sur que xa son patrimonio municipal'.

Te puede interesar