A Xunta estuda continuar a remodelación de Moreiras, en Toén

MOREIRAS 22/09/2022.- Iglesia de Moreiras. José Paz
photo_camera MOREIRAS 22/09/2022.- Iglesia de Moreiras. José Paz

O Concello de Toén e a Xunta analizarán unha colaboración para completar os traballos de humanización que se desenvolven no núcleo rural de Moreiras. O alcalde municipal, Ricardo González, reuniuse esta semana coa vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. No encontro abordaron este e outros asuntos de interese municipal. Entre eles, a marcha dos traballos que se están a executar en Moreiras, no marco dun convenio asinado en 2022 entre o Concello e a administración autonómica.

Na actualidade, o núcleo de Moreiras xa está en obras. O convenio de colaboración asinado por Xunta e Concello en 2022 estableceu unha cofinanciación dos traballos nun 70% e un 30%, respectivamente. O proxecto contempla a creación dun novo espazo público con 12 prazas de aparcamento ou a construción de ramplas.

Te puede interesar