A Xunta licita outros 2,8 quilómetros de sendas

photo_camera La conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, junto con el delegado territorial de la Xunta, Gabriel Alén, presenta el nuevo itinerario peatonal en el concello de Pereiro.
A actuación en Pereiro, Paderne e San Cibrao superará o millón de euros

A Consellería de Infraestrututas e Mobilidade licitou onte, por un valor de máis dun millón de euros, as sendas peonís e ciclistas da Medorra e Paseio, na marxe esquerda da estrada OU-101, e que discorrerá polos concellos de Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz. O anuncio realizouno onte a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, nun acto no que estivo acompañada do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e os alcaldes de Pereiro, San Cibrao e Paderne, Luis Menor, Manuel Pedro Fernández e José Manuel Fernández.

No caso da senda da Medorra, que pasa polos tres concellos, terá unha lonxitude de 2,1 quilómetros. O itinerario comeza ao pasar o cruce co regato de Pazos e transcorre pola marxe esquerda ao longo do Parque Tecnolóxico de Galicia ata chegar ao termo de Paderne. Neste treito de actuación, tal e como indicou a conselleira, prodúcese o cruzamento coa outra vía da Xunta, a estrada OU-537, onde esta senda solaparía en execución na contorna dos parques empresariais. O segundo itinerario, o de Paderne de Allariz, iníciase á altura do núcleo de Cascarreira, onde rematan as beirarrúas actuais, e continuará ata as proximidades do Paseio, cunha lonxitude de 640 metros, o que fai un total de 2,8 quilómetros de novas sendas que deberán estar listas para este outono. Como actuacións complementarias, executaranse muros de sostemento do terreo no treito da Medorra ou a adecuación de 3 paradas de autobús ás que se dotará de 3 novas marquesiñas. 

Te puede interesar