A Xunta restitúe un vial cortado polo novo acceso ao Polígono

A Consellería de Infraestruturas e Movilidade aprobou o proxecto construtivo de reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola nova conexión do Polígono de San Cibrao das Viñas coa autovía A-52. A actuación responde á solicitude do Concello de executar unha conexión nun camiño municipal que quedou afectado polas obras de acceso ao polígono industrial. Tras a execución da nova conexión, e a reposición da estrada provincial  OU-0516, o camiño municipal interceptado deixou de ter acceso á citada estrada provincial.

Te puede interesar