OS XARDíNS DE OURENSE

Zona verde de Río Mao

Ourense. 7-01-2015. Parque de Río Mao, para Hervella. Paz
photo_camera Imagen actual del parque construido en la calle Río Mao.

Un espazo verde na cidade constitúe un recinto singular ligado intimamente ás construcións existentes no seu entorno o que permite unha intima e necesaria relación entre o recinto habitacional mailo propio entorno no que se sitúa

Buscar novas alternativas para o disfrute da natureza mailo ocio sen saír da propia casa; ampliación dos sempre escasos espazos verdes urbanos que fan agradable e san o desenrolo da vida tanto nas vilas como nas cidades; creación de espazos deportivos e culturais nos barrios e outras medidas tendentes a mellorar a calidade de vida dos cidadáns resulta tarefa obrigada para todo gobernante que desexa a mellora dos seus administrados.


Un espazo verde na cidade constitúe un recinto singular ligado intimamente ás construcións existentes no seu entorno o que permite unha intima e necesaria relación entre o recinto habitacional mailo propio entorno no que se sitúa.


A rúa Río Mao, trazada en sentido paralelo á avenida de Santiago, ten o seu inicio e final nas transversais formadas por: Río Camba e María Soledad de la Cruz. A súa grande anchura, tanto no primeiro tramo como no segundo, motivouno o retranqueo das novas construcións situadas no lado impar da rúa, o que permitiu o aproveitamento dun espazo baleiro, duns 390 metros cadrados, ocupado na actualidade por un xardín corrido, ou mellor diríamos, unha longa zona verde.


Diversos parterres de forma xeométrica triangular pechados cara a rúa mediante o emprego de sebes, de baixa altura, tipo Buxus sempervirens, conforman o asento de diversos pero escasos exemplares de árbores caducifolios, constituídos basicamente por plátanos de sombra, todos eles asentados sobre un brando céspede. Por outra banda toda unha serie de pasos confeccionados con anacos de lousas de pedra, trazados entre os diversos parterres, comunican sendas beirarrúas situadas no mesmo lado da rúa.

zona_rio_mao_resultA existencia dun pequeno parque infantil con tobogán e balancín ao que súmase a presenza de dúas e rectangulares pías de auga, de tres ocos, bañadas por unha continua corrente de auga que salva tres cativas fervenzas á que se suma a existencia dunha fonte bebedoiro mailos obrigados bancos, dan vida e confrontan este pequeno e aproveitado espazo dedicado ao esparexemento sendo moi utilizado tanto para o disfrute dos propios veciños da zona como dos visitantes que se achegan a esta poboada barriada da Ponte.

Te puede interesar