DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Os escolares adiántanse ás Letras

diazcastro
photo_camera O poeta homenaxeado, Xosé María Díaz Castro.

Os escolares da provincia ourensana adiantan esta semana a celebración do Día das Letras Galegas, adicada á Díaz Castro, cun amplo programa de actividades, organizado por diversas entidades

O próximo sábado, Galicia rende homenaxe a lingua galega coa celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Xosé María Díaz Castro. Pero a lembranza comeza xa esta semana coa organización de distintas actividades.

Deputación de Ourense. Ata o 15 de maio organiza a “Semana Escolar das Letras Galegas 2014”, na que participarán máis de 7.600 alumnos de centros de Secundaria de Ourense. O longo desta semana desenvolveranse actividades culturais, como lectura de autores, traballos de redacción, realización dun mapa de autores e a creación dun rap referido os 10 autores ourensáns homenaxeados no Día das Letras Galegas. En total, son 49 os centros escolares que participan nesta iniciativa, 27 deles públicos e 22 privados, de diferentes localidades da provincia. Os profesores disporán dunha guía didáctica sobre as actividades que se van levar a cabo, que abrangue temáticas como a natureza e a paisaxe; a vixencia da poesía; o narrador literario; a arquitectura monacal e a pintura; a importancia da tradución nas obras literarias; etnografía, folclore e costumes; e finalmente un cuestionario xeral sobre os dez autores ourensáns homenxeados. Sobre estes temas traballarán os escolares nas diferentes actividades que se organizan.

Ademais, para este evento, a Deputación editou o libro "Autores ourensás" no Día das Letras Galegas, que recolle unha antoloxía destes autores xunto coas súas referencias biográficas. O traballo está realizado por Mercedes Pacheco Vázquez, con ilustracións de Siro López. Finalmente, o 16 de maio, terá lugar nos centros educativos o descubrimento do mural “Mosaicos" , a lectura dos traballos escollidos en cada curso, así como a interpretación dos raps dedicados ós escritores ourensáns.


Concello de Ourense. Colabora coa Asociación Pro Centenario "Nós" nas actividades organizadas con motivo das Letras Galegas. Desta forma, o venres, a partir das 20,00 horas, comezarán as actividades que serán no Claustro de San Francisco, e o sábado se centrarán na área das Burgas, entre outros espazos.

Correlingua. A carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos chega a Ourense mañana. Está organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo. O Correlingua, percorre doce localidades galegas ata o 16 de maio, baixo o lema: "Galego, o paso adiante", en diálogo aberto co escritor lugués homenaxeado, Xosé María Díaz Castro. En Ourense, debido a grande cantidade de participantes, haberá dos quendas.

Na primeira, o alumnado de Secundaria chegará ao Auditorio ás 9,45 horas, onde terá lugar a festa presentada pola actriz Isabel Risco, recente gañadora do premio Mestre Mateo. Nela darase lectura ao manifesto gañador e actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua, Superoito.Tamén actuará o alumnado do IES Xermán Ancochea Quevedo, de Trives, e do IES O Ribeiro. A seguir, farán a Andaina cara a Praza Maior onde terá lugar o concurso de pancartas e actividades organizadas polo alumnado do CIFP A Farixa.

Na segunda quenda, o alumnado de Primaria chegará á Praza Maior arredor das 10,15 horas. Alí comezarán cos xogos propostos polo alumnado do TAFAD e o concurso de pancartas, premiado con material didáctico fornecido pola Deputación de Ourense.

Dalí comezarán a andaina cara o Auditorio de Ourense para participar na festa final onde tomará parte o grupo Superoito xunto co alumnado do CEIP O Ruxidorio e o de Concepción Arenal, que lerá o manifesto.


Espazo Xove de Ourense. Hoxe, ás 20,00 horas, terá lugar como celebración do Día das Letras Galegas , a "lectura de textos en galego, con poemas do libro "Nimbos", do poeta Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado deste ano e acompañarase tamén doutros autores galegos.

Te puede interesar