EMPREGO

A Bola oferta emprego para a axuda a domicilio

O Servizo de axuda a domicilio que presta o Concello de A Bola emprega nestes momentos a un total de sete persoas.

O Concello da Bola acaba de realizar unha oferta para ampliar a bolsa de emprego correspondente ó servizo de axuda a domicilio, para o posto de auxiliar. Esta oferta de emprego foi publicada no Boletín Oficial da Provincia do pasado 25 de maio e o prazo para optar á mesma remata o día 2 de xuño.

Nos vindeiros meses o Concello que dirixe Teresa Barge debe proceder á contratración de persoal para substituir as auxiliares que ocupan eses postos durante as vacacións. A bolsa de emprego existente está agotada, polo que o Concello busca a persoas que teñan a titulación necesaria e estean en situación de desemprego e as interesadas deben presentar a súas solicitudes antes do día 2 de xuño, acompañadas de toda a documentación que acredite a súa experiencia e formación. Unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes, realizarase o baremo correspondente e xerarase a bolsa de emprego por orde de puntuación, que permitirá contratar persoal ao longo do verán.

O Servizo de axuda a domicilio que presta o Concello de A Bola emprega nestes momentos a un total de sete persoas.

Te puede interesar