FIESTA

Magosto e concerto de Anistratov en Vilar de Santos

O prezo será de 10 euros e é necesario anotarse antes da propia xornada do sábado.

O local cultural da Arca da Noe, en Vilar de Santos, acolle este sábado, día 19, a celebración do seu magosto popular. No menú da cita haberá churrasco, chourizos, castañas, viño e unha gran foliada. O prezo será de 10 euros e é necesario anotarse antes da propia xornada do sábado.


A festa comezará arredor ás 19,00 horas e, para amenizar o evento, os asistentes poderán desfrutar dun concerto a cargo do gaiteiro ruso Alexander Anistratov. Este moscovita virtuoso da cornamusa -aínda que verinense de corazón- é coñecido por ser un grande intérprete da gaita celta, vine na actualidade en Verín.

Te puede interesar