Certamen

Piñor amplía o prazo do concurso de lemas contra a violencia

Admitiranse tódolos lemas publicados no Facebook do Concello ata o 21 de novembro.

O Concello de Piñor amplía o prazo para participar no I Concurso de lemas contra a violencia de xénero coa intención de mobilizar e implicar á toda a poboación a través das redes sociais . Admitiranse tódolos lemas publicados no facebook do Concello ata o 21 de novembro. O lema gañador darase a coñecer nesta mesma rede social o día 22 de novembro e figurará no cartel do 2017.

Te puede interesar