Preto de 200 marcas de viño etiquetan en galego

photo_camera Autoridades e promotores dos Premios, cos galardoados ó final do acto (XESÚS FARIÑAS)

A Asociación Álvaro das Casas entregou os premios Bacelos de Prata

A Asociación Álvaro das Casas entregou onte en Esposente (Ribadavia) os Premios Bacelos de Prata, cos que recoñecía o labor de dúas adegas que etiquetan en galego. Esta son 'Arco da Vella', que desenvolve o seu labor na denominación de Orixe Ribeiro, e 'Terra de Asorei', asentada nas Rías Baixas.

O acto contou ca presencia do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, e do secretario xeral de Política Linguística, Valentín García. Vázquez Abad felicitou na súa intervención ós adegueiros galardoados, dos que suliñou que son o expoñente "dun compromiso patente coa lingoa e coa empresa en Galicia".

En representación da Asociación Álvaro Das Casas, promotora dos Premios, interviu Xosé Carballido, quen suliñou os méritos das dúas adegas premiadas e resaltou que hai dez anos, cando naceron estes premios, hai dez anos, apenas 12 ou 15 adegas que etiquetaban en galego, mentres que nestes momentos 197 marcas aparecen no mercado coa etiqueta na nosa lingua.

Este éxito acadado levou á Asociación Álvaro das Casas a decidir que a partir deste ano, os premios non se circunscribirán tan só ó mundo dos adegueiros, senón que abranguerán a todo o sector agroalimentario.

Te puede interesar