SOCIALISTAS

O PSOE de Punxín critica a “pinza" que practican PP e Cambio Intelixente

Os socialistas lembran que, "ao contrario que CI e o PP, o PSOE non ten reparo en apoiar canta iniciativa positiva haxa para o concello, sen importar de onde veña". 

O grupo municipal socialista de Punxín critica a actitude do grupo Cambio Intelixente (CI) e do Partido Popular por impedir que prosperen as iniciativas que plantexan o PSOE no Concello. Segundo manifestan a portavoz do grupo socialista, Rosa María Outerelo, "o portavoz de Cambio  Intelixente, Joaquín Moldes, xa se aliou en varias ocasións co Partido Popular para frear propostas do PSOE e, días máis tarde, se apropiou da idea socialista para vendela como propia gracias a reunións institucionais".

Engade este grupo da oposición que no pleno do pasado mes de marzo, o PSOE solicitou que se puxera en marcha un obradoiro de emprego para reducir o número de desempregados mediante a asociación con outros municipios, co fin de obter axudas. "Moldes votou en contra, pero pouco despois tivo unha xuntanza coa delegada territorial da Xunta para vender un suposto logro seu neste sentido", matizan. 

RECLAMACIÓN
Por ese motivo, o PSOE de Punxín "esíxelle a Moldes que deixe de facerlle un pé ao goberno do PP e teña respecto pola xente de Punxín que é a quen está a representar”.

Os socialistas lembran que, "ao contrario que CI e o PP, o PSOE non ten reparo en apoiar canta iniciativa positiva haxa para o concello, sen importar de onde veña". 

Por todo isto, "reclamamos que Joaquín Moldes se retracte e recoñeza que se opuxo a unha medida que agora di defender, amosando un nulo respecto polo traballo realizado polo PSOE", segundo indican.

Te puede interesar