OBRAS

Reforma integral para Santa María do Vilar

Estado da igrexa, en pleno proceso de rehabilitación (JOSÉ PAZ)
photo_camera Estado da igrexa, en pleno proceso de rehabilitación (JOSÉ PAZ)

A igrexa de Ponte Ambía, en Molgas, rehabilítase con 62.000 euros

A igrexa de Santa María do Vilar en Ponte Ambía, Baños de Molgas, estase a rehabilitar cunha inversión de 62.000 euros que aporta a Xunta de Galicia. O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, visitou onte o templo para comprobar o desenvolvemento dos traballos que se están acometendo no templo. Vázquez Abad puxo en valor o importante esforzo económico que no contexto actual significan actuacións coma esta, xunto con outras que se levan a cabo en Ourense.

A día de hoxe xa están totalmente concluídos os labores de reparación da cuberta do presbiterio e a sancristía, ao que se destinaron 19.500 euros. Para tal fin, procedeuse a demoler a cubrición existente, substituíuse o latado así como os pontóns de madeira de castiñeiro que se atopaban en mal estado por outros iguais, restauráronse o resto das pezas, aplicáronse tratamentos específicos da madeira fronte aos xilófagos.

Por outra parte, os técnicos de Patrimonio están acometendo os traballos de restauración do retablo maior e do sagrario orixinal do templo. Trátase dunha actuación na que se inviste un total de 42.300 euros. Os traballos abranguen protexer a policromía e os volumes antes da súa desmontaxe así como a asentar as zonas policromadas gravemente alteradas e que presentan perigo de desprendemento.

Te puede interesar