PROVINCIA

Reunión en Verín da Mesa contra a violencia de xénero

Os seus progranas prestarán atención ós centros de ensino de primaria

A Casa do Concello de Verín acolleu onte unha reunión da Mesa de coordinación para a eliminación da violencia de xénero, presidida pola concelleira de Igualdade, Corona Meixeira, e a responsable do Centro de Información ás Mulleres e na que participaron traballadores sociais dos concellos da comarca de Verín, centros educativos do concello e dos corpos e forzas de seguridade do Estado e Xustiza. Na mesma fíxose una balance da violencia de xénero dos últimos meses, así como medidas para seguir actuando na prevención e atención das víctimas.

Ademáis de analizar os proxectos nos que está a traballar o Concello, prestouse unha atención especial ós centros de ensino de primaria, co fin de tratar desde a base a prevención e a eliminación da violencia de xénero que se está a incrementar en idades máis temperás. Con este fin, vaise concretar a formación para profesionais de educación e servicios sociais das administracións en temas relacionados cos novos modelos de familias e abuso sexual de menores.

Te puede interesar