NOVOS RETOS PARA OS CONCELLOS

Rubén Quintas: "Se non cumplo ao 100% o programa, non me presentarei á reelección"

Rubén Quintas, alcalde de Maceda.
photo_camera Rubén Quintas, alcalde de Maceda.

Rubén Quintas chegou ó mundo da política municipal hai 23 anos, na política de base no Partido Popular, "interesándome polo meu concello", o de Maceda.

Que o moveu a encabezar a lista popular en maio pasado?

Inicialmente tiñamos un candidato, Francisco Nóvoa, pero por circunstancias familiares tivo que deixar a candidatura e optei por presentarme. Os compañeiros ani- máronme e aí empezamos.

Como atopou o Concello?

Maceda tiña e ten unha débeda de 1,1 millóns de euros penden- tes de pago e unha facturación de 160.000 euros. Como na maioría dos concellos, a situación é delica- da, pero loitamos por saír adiante.

Nestes primeiros meses de mandato, que cambiou con respecto á xestión anterior?

Inicialmente, foi recuperar a ilusión perdida nos veciños, que eu vin e vivín, porque era partícipe do que estaba pasando. En segundo lugar, atacar a cantidade de problemas, moitos deles básicos, que me atopei. Servizos como o alcantarillado, as averías, muros a punto de caer, como o do pavillón, que era un perigo tremendo para rapaces e viandantes e, sobre todo, poñer en marcha proxectos pendentes, como o centro de día, que na primavera de 2016 teremos aberto. Leva seis anos pechado e é unha gran necesidade, dado o envexecemen- to da poboación. Tamén poremos en marcha próximamente o cam- po de fútbol de herba artificial e a mediados de próxima primavera teremos construido o novo tanato- rio. Así mesmo, conseguimos que a Xunta nos cedera o edificio do cen- tro socio-comunitario, que levaba seis anos pechado. Imos trasladar alí o Punto de Atención Infantil, que hoxe ten 20 prazas, e converte- lo en escola infantil con 31 prazas, pois Maceda ten moitos nenos, es- tán nacendo moitos nenos e hai que darlle todas as facilidades.

O concello, como case que todos, perde poboación, pero nacen moitos nenos, o que constitúe una esperanza para o futuro.

Sí, é unha gran esperanza. Hai familias novas no Concello ou que ve- ñen de zonas limítrofes a vivir aquí. Afincan aquí ás súas familias e o seu inicio de vida e hai que apoialos e loitar para non perdelos.

É posible romper a tendencia á despoboación que está a sufrir o rural?

Eu creo que sí e a partir de xaneiro poremos tódolos sentidos en con- seguilo. Maceda é un lugar muy próximo á capital de provincia, é un lugar fermoso, cunha paisaxe e unha natureza fantásticas e sobre todo, creo que moi pouco explota- da e por aí iremos. E neste ámbito incluimos a recuperación do gran viveiro forestal que tiña a Xunta e que está pechado. Temos moi avan- zadas as negociacións para que nolo cedan e facer unha aula de inter- pretación aberta, un parque natural para amosarllo á provincia.

Onde se ubicará este parque?

Ocupará unha superficie de 14 hectáreas ó pe do santuario dos Milagros, pero no Concello de Maceda, un sitio fantástico, digno de ver e para pasar un día en familia dunha maneira exquisita. Maceda ten un parque natural fantástico que a rodea, pero está moi pouco vendida.

Cales son os principais soportes económicos do Concello?

Eu veño dunha familia de comerciantes da vila e sempre lle oín aos meus pais que Maceda vivíu e saíu adiante grazas aos pobos e o 90% da xente que vive nos pobos está relacionada coa gandeiría. Por iso, gandeiría e comercio son dous dos principais eixos que contarán coa colaboración e apoio do Concello

O futuro dos concellos peque- nos pasa polas fusións?

A casa consistorial de Maceda está a 3,5 kilómetros da casa con- sistorial de Baños de Molgas e a 5 kilómetros do consistorio de Xunqueira de Espadañedo e eso non ten sentido. Independientemente da cor política, nós temos unha colaboración fantástica con Molgas e con Xunqueira e as necesidades de cada concello son compartidas e todo aboca a que ten que ser así. Haberá 20 días cada catro anos nos que cada un ten que loitar polo seu e haberá rivalidade, pero o resto do tempo non ten sentido que un concello teña unha barreira que o limite co concello colindante.

As infraestructuras de comunicación son un lastre?

Sí, evidentemente. Nos estariamos encantados de ter un enlace directo coa autovía. Sería funda- mental, pero coa carretera OU-101, que nos comunica co polígono e ca capital, Maceda pódese converter nunha vila atractiva para que unha familia nova, que comece a traba- llar no polígono, que está de aquí a oito minutos, poida disfrutar de vivir en Maceda á mitade de pre- zo que vivir na cidade e os rapaces medrarían dunha maneira moito máis san e tranquila, pois aquí te- mos todos os servizos que calquera familia necesite.

Cando chegue ó final do seu mandato, en 2019, que retos quere ter conseguido?
Quero ter cumprido ó cen por cento

O programa que presentei na campaña electoral. Esa é a promesa que lle fixen ó meu pobo e se non cum- plo ese programa, non me presen- tarei á reelección. Aí estan todos os proxectos que quero para Ma- ceda e todo o que a maiores se poi- da conseguir, benvido sexa, como o campeonato de España de BTT que se vai celebrar aquí, ou a Volta Ciclista a España, que será un gran referente para a vila, o comercio e a hostelería e nos obligará a un gran esforzo de aquí a agosto, para es- tar á altura das circunstancia e que Maceda poida ser coñecida en to- do o mundo.

Como ve o futuro de Maceda?

Na situación que se vive hoxe coido que todos os alcaldes teñen difícil ver un futuro halagüeño. De todos os xeitos, nos temos unha ilusión tremenda e estamos loitando moi duro para poñer a Maceda no sitio que se merece. Sin embargo, por moi bo alcalde que sexas, necesitas a colaboración cidadá. A poboación ten que volcarse tamén nos proxec- tos e o principal, que teñan ilusión, que teñan paciencia, e creo que Maceda terá un futuro como tivo en tempos e voltará a ser unha das grandes vilas da provincia".

Te puede interesar