TURISMO

Turismo apoia a promoción de quince festas de interese turístico

Cada concello recibirá unha axuda de 3.000 euros para colaborar na promoción da difusión da festa 

Turismo de Galicia concederá un total de 45.000 euros en axudas a 15 concellos da provin- cia de Ourense que celebran festas que están declaradas de interese turístico galego. Segundo sinalou onte a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, este apoio vén dado pola necesidade de apoiar estas festas "que polas súas características e singularidades teñen un recoñecemento e un prestixio a nivel autonómico e son un recurso que hai que manter e potenciar, xa que a súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística e un extraordinario incentivo para as economías locais".

A Xunta dará 3.000 euros a cada concello solicitante, para colabora nos gastos relativos á promoción e difusión turística da festa, como publicidade, cartelería, anuncios nos medios de comunicación ou actuacións artísticas.

As festas que recibirán axuda son as da Castaña e do Cogulemo, en Riós; a Romaría da Saínza, en Rairiz de Veiga; A Festa do Pemento de Arnoia; a Festa do Pemento de Oímbra; a Festa do Peixe, en Bande; o Entroido de Laza; O Folión do Entroido de Manzaneda; o En- troido de Maceda; a Festa da Androlla, en Viana do Bolo; a Festa da Exaltación do Pan de Cea; a Feiga do Viño do Ribeiro, en Ribadavia; a Festa dos Maios, en Ourense; a Xuntanza Internacional de Gaiteiros, en Monterrei; o Entroido de Vilariño de Conso e a Romaría Etnográfica Raigame, que se celebra en Celanova

Te puede interesar