WWW.DEPOURENSE.ES

Último día para que os ‘Balcóns de Madrid' sexan o mellor rincón

image

Hoxe luns, 7 de xullo remata o prazo de votación para elixir as candidaturas que pasarán á seguinte fase

Hoxe luns, 7 de xullo remata o prazo de votación para elixir as candidaturas que pasarán á seguinte fase para escoller o "Mellor rincón de España" en 2014, ao que concorre os "Balcóns de Madrid". Está no Concello de Parada de Sil, no corazón da Ribeira Sacra, cualificado pola Guía Repsol como un dos lugares máis fermosos de España.

Ata o momento, esta candidatura recibiu xa máis de 2.800 votos dos internautas que apoian a este miradoiro para sexa declarado este ano o mellor rincón de España.

A Deputación de Ourense apoia esta iniciativa e para dar conta dese apoio, a páxina web da institución (www.depourense.es) dispón dun enlace para que os internautas poidan votar ata hoxe, incluido, pola candidatura dos "Balcóns de Madrid". Hai 108 propostas de diferentes paraxes galegos e de 1.034 candidaturas de toda España, votadas polos viaxeiros.

Logo desta primeira fase de votación, o 16 de setembro proclamarase o "rincón gañador", que será a paraxe que máis apoio teña recibido dos internautas.

Te puede interesar