O Viñobús da Ribeira Sacra cubriu todas as súas prazas

photo_camera Un dos grupos brinda cos viños da Ribeira Sacra

Participaron en dous días visitantes do País Vasco, León e de Galicia

Onte concluíu a última xornada do Viñobús Vendima desta primeira edición organizada polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Un total de 39 persoas viviron a experiencia de convertirse en viticultores nos bancais das ribeiras do Miño e do Sil. Foron tres grupos, dous o sábado, que vendimaron nas adegas Roberto Regal e Mondelo e un de 15 persoas o domingo, dirixido por Primitivo Lareu. A maior parte dos participantes procedían da provincia da Coruña (50%), tamén do País Vasco e León, e doutras partes de Galicia.

A demanda foi desbordante, segundo apuntan os organizadores, xa que ós catro días de anunciar a posta en marcha da actividade xa estaban todas as prazas cubertas polo que se abriu unha lista de agarda á que se recurriu con dúas cancelacións, aínda que as chamadas fóra desa lista foron moitas e continuadas. "O certo é que a resposta foi satisfactoria e isto fai que comecemos a traballar de seguido nunha edición Viñobús Vendima 2015", sinalan. Por ese motivo, anuncian que aumentarán os contactos coas adegas para ofertar máis prazas.

Te puede interesar