TEATRO, MÚSICA E DANZA

Xinzo ponlle o nome de Angel Cocho ó Auditorio

A praza maior acollerá postos de venda de libros e a lectura de poemas

O que fora director do colexio "Santa Mariña" de Xinzo de Limia, Angel Cocho Ferrero (1914-1976) protagonizará a festividades do Día das Letras Galegas na capitalidade limiá. Así o subliñaban dende a Concellería de Cultura de Xinzo ao dar a coñecer os actos previstos para mañá sábado.

Fillo dun arquiveiro e bibliotecario de Benavente (Zamora) e pai do escritor e xornalista limiau Federico Cocho de Juan, Ángel Cocho Ferrero foi o "alma" dun colexio polo que pasaron centos de veciños da comarca e onde orientou a súa labor sobre a base da promoción persoal a través da formación educativa integral, a práctica do deporte e coa concepción do colexio como foco de irradiación da cultura.

O insigne profesor, que deu clase dende 1953 ata o seu pasamento no ano 1976, será homenaxeado nun acto público previsto para ás 20,00 horas na Casa da Cultura e no cal se descubirá, co acompañamento musical do Coro Amil, unha placa conmemorativa que dará o seu nome ao Auditorio Municipal. Pola noite está prevista unha cea homenaxe na súa honra nun restaurante da vila (previa inscripción antes do mediodía no enderezo electrónico [email protected]).

Non obstante, os actos programados para o Día das Letras Galegas en Xinzo arrancarán as dez da mañá na praza Maior, coa apertura da feira organizada coa colaboración das librerías da localidade para a venda de libros en galego. Ás 12,00 horas está prevista a lectura dunha escolma de poemas de Xosé María Díaz Castro a cargo do Grupo Aneis, da Escola Municipal de Teatro.

T, musica e danza

Pola tarde, dende as 18,00 horas, o municipio acollerá as exhibicións de baile rexional galego da Escola Municipal de Danza de Xinzo e da Escola Municipal de Gaitas e Percusión nas prazas Carlos Casares e Otero Pedraio. Asemade, no recén nomeado Auditorio Ángel Cocho, está prevista ás 20,30 horas a representación "A do Peixe" de Abrapalabra Creacións Escénicas. A proposta teatral enmárcase nos sábados teatrais de maio organizados no marco da "Cultura no Camiño 2014".

Te puede interesar